mércores, 26 de novembro de 2025

Charlas sobre desinformación

Os xornalistas Luz Espiño e Alfonso González, de Radio Pontevedra- Cadena Ser, viñeron falarnos da desinformación e das vías para acceder a información veraz, contrastada e de calidade.





xoves, 13 de novembro de 2025

Actividades para familias


Iniciamos as actividades para as familias presentándonos e recollendo as lecturas que faremos neste primeiro trimestre (sobre comunicación positiva con adolescentes): El cerebro del adolescente de D. Bueno e ¡Quiero entenderte! de Diana Al Azem. 

Lembramos que o prazo para inscribirse nestas actividades pechou o 30 de outubro.

luns, 10 de novembro de 2025

Recursos para identificar informacións falsas

Se non sabes como facer procuras fiables na rede, empregar a busca inversa de imaxes para analizar a súa veracidade ou como funcionan as páxinas de fact-checking, podes botar man destas infografías:



Narración oral na biblioteca

O camerunés Samuel Mountoumnjou deleitou ao alumnado de francés de 2°,3°e 4° da ESO co seu obradoiro de contos interactivos teatralizados "Conte avec moi", baseados en contos africanos tradicionais. Actividade organizada polo Departamento de francés.