luns, 18 de marzo de 2024

Actividades da Semana CAM

Na mañá de hoxe houbo un montón de actividades sobre cómic e cultura xaponesa, como os obradoiros de haikus, papiroflexia e koinobori e a charla "Empeza a ler cómic". Ademais, destaparonse as exposicións adicadas a Akira Toriyama e a historia da banda deseñada en galego. Grazas a Tito, Juan, Óscar e Cecilia pola coordinación dos obradoiros, e a Nora e Iria por botar unha man!









xoves, 14 de marzo de 2024

Todo preparado para a Semana CAM

Na tarde de hoxe, o alumnado do club de cómic e manga traballou arreo para deixar todo preparado para a semana CAM, que dará o pistoletazo de saída o próximo luns. Grazas, rapaces!








Encontro con María Reimóndez


Hoxe o Club de Lectura de Igualdade tivo a oportunidade de conversar con María Reimóndez sobre a súa novela Furia. Xurdiron moitas reflexións sobre a presenza da muller nos deportes de contacto e as dificultades que atopan as rapazas na práctica de actividades esencialmente masculinizadas como o boxeo, o judo, o taekwondo e mesmo a hípica (como comentaba unha compañeira). Falouse tamén da importancia dos afectos en etapas de crises persoais e o esencial que é ter un obxectivo claro na vida que nos sirva de impulso e guía no noso percorrido vital. Tamén abordou a constancia como compañeira indispensable para acadar os nosos soños e, por suposto, a diversidade afectivo-sexual e de identidade de xénero. Ramatou o encontro asinando os libros que lle levamos e dándolles consellos ás escritoras noveles do noso club. Foi un luxo poder compartir ese tempo coa autora dun libro que gustou tanto





Encontro con Paula Cheshire e Kiko Da Silva

Na mañá de hoxe, o alumnado dos clubs de manga, álbum ilustrado e Petiscos de arte, tiveron o privilexio de coñecer ben de preto a dúas figuras fundamentais da banda deseñada galega. Paula Cheshire contounos a súas peripecias vitais ata converterse no que é hoxe, unha creadora emerxente. E Kiko da Silva, que é unha das figuras máis relevantes da banda deseñada en Galicia e director do Garaxe Hermético, falounos de todo o que xira arredor da BD. Un verdadeiro gusto escoitalos! A actividade realizouse no marco do Salón do Libro de Pontevedra.







luns, 11 de marzo de 2024

Festa dos Clubs de Lectura - Salón do Libro

Este luns celebrouse a Festa dos Clubs de Lectura do Salón do Libro de Pontevedra e alí estivemos xunto cos compañeiros doutros sete institutos da cidade e da contorna: IES Torrente Ballester, IES Sánchez Cantón, IES Luis Seoane, IES Xunqueira I, IES Valle-Inclán, IES de Poio e CPI Aurelio Marcelino Rei de Cuntis. O encontro foi amenizado polo poeta e músico Lois Pérez, que cantou temas como o de Lady Glosia, con moita retranca sobre o fenómeno lingüístico. Despois participamos nun concurso con preguntas sobre os libros lidos nos clubs e nel foinos bastante ben, pois trouxemos para a Biblio cinco libros, agasallos por ter acertado as preguntas.

Unha vez rematado o evento quedamos a comer unhas pizzas no recinto feiral do Salón, momento que aproveitamos para falar cos compañeiros doutros centros.



venres, 8 de marzo de 2024

8M- Reivindicando a igualdade

Con motivo do 8M o equipo de biblioteca organizou un photocall para reivindicar a igualdade os 365 días do ano!











xoves, 7 de marzo de 2024

E por fin chega a Semana CAM


Un dos eventos máis agardados polo alumnado do noso IES é a Semana do cómic, manga e anime. E xa temos a programación! 

Lembra que tes que anotarte na mesa habilitada no hall, entre o 11 e o 14 de marzo, para participar nas actividades! 

Mil grazas a Eneko Leonet, de 2º de Bacharelato, polo cartaz e o vídeo promocional.  E, por suposto, á rapazada do club de lectura de cómic e manga que organiza xogos e obradoiros! Arrincamos!


Para ver o programa, descarga o cartel e amplía a imaxe!